VORTEX 2025

Deshielo: “A medida que o xeo se funde, tamén se desvanecen os latexados dun mundo que algunha vez foi eterno. Este espectáculo audiovisual é o reflexo dun planeta que chora a súa propia fraxilidade, un chamado a escoitar o renxer dos glaciares e as voces do futuro que claman por conciencia e acción.”
A longa traxectoria de Poupées Électriques estivo marcada por un vasto percorrido de experiencias, colaboradores, composicións, concertos… Formados en 2004 por Carlos A. e Paco F. (posteriormente como MicroPlex) baixo un concepto experimental de conxunción das últimas tecnoloxías musicais coa recuperación dos dispositivos máis ancestrais da música do século XX (intonarumori, theremin).
A través dos seus diversos traballos e espectáculos desenvolveron unha linguaxe de expresión particular e en continua evolución, movéndose libremente pola experimentación sonora, a música industrial, as composicións rítmicas, a atonalidade, #etc…
Poupées Électriques abriron unha nova etapa, baixo un novo concepto, unha nova formación con Elia Martín e Carlos Arillo e teremos o gusto de volver gozar deles en Modulartec.

Pedro López, técnico e artista interdisciplinario especializado en son inmersivo, visuais e tecnoloxía innovadora aplicada á arte que, ao longo da súa traxectoria, colaborou en diferentes proxectos de streaming de eventos en directo, así como na produción de audio e vídeo en 360º e o desenvolvemento de visuais xenerativos.
No ámbito da formación, impartiu múltiples talleres e charlas sobre realidade virtual e audio inmersivo, achegando novas tecnoloxías e estratexias creativas a contextos culturais e académicos diversos.
É colaborador de Modulartec, realizando tarefas de rexistro sonoro e visual e é moi querido por todo o noso equipo e colaboradores.

Un proxecto inmersivo que reinterpreta o cinema a través do son. Mediante a manipulación de imaxes e a construción de paisaxes sonoras a partir de sampling, xera unha experiencia onde a música guía a narrativa visual, creando unha linguaxe híbrida entre ambos os mundos.


É un artista madrileño multidisciplinar residente na Coruña. Acumula case 20 anos dedicados á contorna audiovisual traballando para marcas de publicidade e innumerables vídeos musicais desde o seu selo e colectivo Ziontifik, onde traballou con artistas como Dano, Elio Toffana, C. Tangana, Rels B, Nathy Peluso, Dellafuente ó Natos & Waor. Actualmente está a preparar a súa primeira longametraxe documental xunto a Chirie Veigas.


MIL111 é un dúo artístico fundado polos artistas visuais Iria del Bosque (Vigo, 1981) e Borja Bernárdez (Vigo, 1982). O seu traballo sitúase no campo do new media art e reflexiona sobre os procesos emocionais e cognitivos do ser humano desde unha perspectiva metafísica evolutiva. A través de diferentes propostas formais e do uso da luz, o espazo e o son, buscan reflexionar sobre a conciencia do ser, a súa existencia no mundo e as múltiples formas en que o ser humano enche os baleiros existenciais.
VORTEX 2024

Rói aka XEaranX aka xBruxx aka Suán é un estudoso e músico dende ben novo, ós 6 anos comezou co piano e ós 7 ca gaita. Despois disto e de tocar en varias bandas de rock comezou a estudar harpa celta e especializarse na música tradicional e folc da Galiza.
Por uns anos participou en Trepia, colaborando na grabación de Suan e nos directos na presentación do festival de Ortigueira e no Festival da Zanfona da central Folque, o que levouno o seu paso á música electrónica. Dende o 2017 fórmase na síntese sonora. A idea do seu directo e mesturar drons e sons similares aos das gaitas, xunto con ritmos e poliritmos cercanos aos tradicionais (ternarios, amalgamas, etc..)

Borja Bernárdez, artista visual e metade do colectivo MIL111, presenta o seu novo proxecto en solitario titulado MAKYO. Na meditación zen, “ makyo” refirese as ilusións sensoriais que surxen durante a práctica, manifestacions que poden desviar ao meditador da verdadeira claridade. Este concepto é levado a práctica audiovisual, creando pezas que invitan ao espectador a cuestionar a natureza da realidade e a percepción, explorando os limites entre o ilusirio e o real.

Sofia de África, de nome real e artístico, irrompeu hai un ano na escena musical como selectora e Dj para quedar. Residente en Radio Relativa e Radio Flouka, esta coleccionista de vinilos é tan versátil que pode poñer patas para arriba as pistas de baile co seu funk, músicas do mundo e inconfundibles merengues, como levar a cabo as mellores sesións ambient e de música electrónica experimental.

Natural de Coruña, é creadora dixital e fotógrafa. Visionaria e artista visual entre outras moitas cousas incribles. Polo seu magnifico bo gusto e as súas referencias vitais, será a encargada de dar forma en imaxes ao espectáculo musical que terá lugar no planetario.

Produtor e artista de música electrónica de Tokio, además de diretor do festival de modualres de esa cidade. Utiliza os sintetizadores modulares para abarcar múltiples xéneros, creando un estilo único e cargado de psicodelia. Esta icona da escena modular xaponesa participou en múltiples festivais da talla de Ozora festival, Sonica festival ou o
Sound Wave. O seu primer álbum é de 2022 y e o produciu xunto a Sugizo, titúlase “The Voyage to Higher Self” e editouno nada menos que Universal Japan.

É o alter ego de Pablo Pérez Sanmartín (Pontevedra, 1980) vinculado á súa faceta como dj e ao seu traballo no mundo dos nft e a arte dixital. A obra de Pablo fala do presente, das estéticas de consumo e das subculturas xuvenís desde a perspectiva do vanitas. O seu traballo púidose ver en diferentes museos como o CGAC, o CACP de Bordeaux, ou o New World Museum en Houston.

Coleccionista de vinilos e selector, con máis de 30 anos na escena como dj e promotor.
Foi responsable de Discorder, mítica tenda de Madrid de música electrónica e de vangarda, destaca por ser habitual de clubs nacionais e internacionais, así como en festivais de prestixio.

É un creador madrileño e autodidacta por convicción, cuxa carreira creativa é ampla e polifacética dada a súa capacidade innata para adaptarse ao novo mediante a exploración constante e a aprendizaxe continua.
