5º ENCONTRO DE SÍNTESE MODULAR DA CORUÑA
Modulartec é un encontro cultural de creación sonora que se celebra na Coruña desde 2018. Nestes encontros prográmanse concertos, conferencias, obradoiros e presentacións relacionadas coa música creada mediante a síntese modular.
Os sintetizadores modulares supuxeron unha revolución no mundo dos instrumentos de música electrónica xa que permiten diversas configuracións interconectando módulos e trouxeron zume novo e aportado orixinalidade, xerando un fenómeno a nivel global xa que se desenvolven por todo o mundo este tipo de encontros. Cada vez máis músicos, produtores e dj’s utilízanos nos seus estudos e nas súas actuacións en directo.
Modulartec é o primeiro encontro de síntese modular que se realiza en Galicia e as anteriores edicións espertaron enorme interese entre o público e entre os músicos, atraendo audiencia de outros lugares grazas ao nivel e calidade da programación.
Estamos ilusionados de presentar esta quinta edición na que contaremos de novo con grandes músicos internacionalmente recoñecidos, pioneiros da escena nacional, novos valores e artistas locais, que sempre tiveron oco no noso encontro.
PROGRAMA
VENRES 30 DE SEPTEMBRO
IVANKOVÀ
CAPELA DE SAN AMARO
21:00h
Ivankovà é o proxecto en solitario de Irene de la Cueva, artista musical afincada en Galicia. Nos seus traballos investiga a idea do trance a partir da emocionalidade, cunha vocación terapéutica que recolle e reinterpreta o xénero New Age. Utilizando o mantra e a repetición en composicións de longo desenvolvemento, Ivankovà convídanos a transitar por paisaxes sonoros que encarnan a súa visión particular do espectro gótico e a fantasía neo medieval, nos que longos drons de órgano analóxico, sintetizadores e etéreas composicións vogais son protagonistas.
Na súa traxectoria artística e cultural formou parte activa do tecido underground madrileño, creando outros proxectos musicais como Yocasta, Difunta Calva ou Irina Vep, e actuado en Zarata Fest, Nodo Invisible, Ruido Vírico, Continuo, Círculo de Bellas Artes, Matadero Madrid, Curtocircuito ou LEV Festival.
SABADO 1 DE OUTUBRO
JL MAIRE
IGREXA DAS CAPUCHINAS
18:00h

Jose Luis Maire traballa principalmente con sintetizadores modulares. Nas súas pezas e concertos son centrais o estudo dos fenómenos acústicos e das proporcións non temperadas (principalmente, afinacións xustas estendidas), así como o uso do sintetizador como un instrumento de reverberación e feedback. Realizou concertos en festivais de música experimental como ERTZ, SONIKAS, Zarata Fest, CALMA ou Encuentros Sonoros, e en espazos e institucións como CRUCE, Tabacalera (Madrid), a Facultad de Bellas Artes da Universidad Complutense, Museo La Neomudéjar, Contenedor Cultural (Málaga), Centro Daoíz y Velarde, Cráter-LAB ou Tabakalera (Donostia). Recentemente publicou dous traballos: Along the edge of, no selo sirr-ecords (Portugal), e Botanical melancholia, en Oigovisiones Label.
SUSO SAIZ + ANDRÉ GONÇALVES
IGREXA DAS CAPUCHINAS
19:00h

Suso e André estiveron desenvolvendo unha residencia artística durante 2021. Os dous artistas uníronse durante unha semana cos seus instrumentos coa fin de crear un directo que lles levou a actuar por diversos eventos por Europa. Estes dous músicos son de xeracións diferentes, pero con predileccións e estéticas musicais compartidas e puideron atopar un camiño común.
André Gonçalves é de Lisboa e desenvólvese en diferentes artes, pero é moi recoñecido pola súa marca de sintetizadores modulares ADDAC System. Este ano, tamén lanzou dous álbumes: “Grnlr”, de Black Hole Time Warp, e “Sheer & Swerve”.
Suso Saiz (Cádiz, 1957) non precisa presentación, pero podemos dicir que é un dos grandes pioneiros en España no que a aventuras musicais vinculadas á electrónica e á electroacústica dos 80 se refire.
Publicou máis de 20 discos; os máis recentes son: Odisea (2016), Rainworks (2017), Nothing Is Objective (2019) e Between No Things (2020) con Suzanne Kraft, todos no selo holandés Music From Memory. Publicado por Two- Headed Snake o álbum dixital Conscious Polarize de Suso Saiz & Francisco López (2020). E tamén Static Journeys de Michal Turtle & Suso Saiz publicado por Planisphere (2021). Foi membro fundador de Orquesta de las Nubes, Suspended Memories e Trash of Dreams.
Suso produciu máis de 100 discos e recibido premios nacionais e internacionais e colaborado con artistas como Jorge Reyes, Steve Roach, Hans-Joachim Roedelius, Wagner Tiso, Salif Keita, Suzanne Kraft, Christian Fennesz, Francisco López, Michal Turtle entre outros, pero esta vez a aventura faraa xunto a André Gonçalves.
M4
FUNDACIÓN LUIS SEOANE
21:00h

Iñigo Medina Murua, aka «M4», é un experimentado produtor Legazpiarra residente en San Sebastián e arquitecto de profesión. Músico desde neno de formación clásica, Iñigo tocou de adolescente en bandas de hip hop (Ipar Rap Eroak) e de thrash nos anos 90. Posteriormente, en 1997, comezou a dar os seus primeiros pasos na música electrónica axudado pola súa primeira caixa de ritmos. Desde entón, este creativo e polifacético artista, amante dos sintetizadores analóxicos e do hardware en xeral, non parou de facer música, gravando para selos como: Redsonja Records (Madrid), Slope Point (Barcelona) ou Avantroots (Cantabria).
FRANK BRETSCHNEIDER
FUNDACIÓN LUIS SEOANE
22:00h

Frank Bretschneider é un músico, compositor e videoartista de Berlín que se criou en Karl-Marx-Stadt (Chemnitz desde 1990), onde os seus gustos desenvolvéronse mentres escoitaba radios piratas e casetes dos hip hop de contrabando na antiga Alemania do Leste. Despois de estudar belas artes e inspirado por películas de ciencia ficción, en 1984 comezou a experimentar con gravadoras, sintetizadores e guitarras modificadas, ademais de explorar as posibilidades de intercambio entre a arte visual e a música a través de medios como o cine, o video e os gráficos das computadoras.
En 1986, despois de establecer o seu selo de casetes klangFarBe, Bretschneider fundou AG Geige, unha influínte banda underground de Alemania Oriental que editou tres álbumes antes de separarse en 1993.
En 1995, Bretschneider e o seu compañeiro Olaf Bender, membro de AG Geige, fundaron o selo discográfico Rastermusic, que eventualmente se fusionou con noton de Carsten Nicolai para formar raster-noton en 1999.
Editou tamén en selos como Mille Plateaux, 12k, Line, Shitkatapult ou Longform Editions.
ALEX SILVA TRÍO
FUNDACIÓN LUIS SEOANE
23:00h

Alumno de Red Bull Music Academy en 2013, Alex Silva é un compositor e artista sonoro cuxa interpretación da música electrónica contemporánea ten moito que ver cos seus primeiros pasos tocando en bandas punk de España. Cursou un master en Barcelona especializado en composición de música para cine e actualmente reside en Baltimore, Maryland (USA). Tras o lanzamento do LP “Exsamples” –cando aínda se facía chamar Astroboyz-; o seu álbum debut “Mind Pattern Explorer” en 2017 para Canadian Duck Tapes (Baltimore, USA) é presentado en directo con banda e foi escollido para abrir a xira por Estados Unidos de Dan Deacon en 2021, en Sónar Barcelona 25 aniversario (2018) e para a banda sonora no episodio sobre Tecnoloxía creado por Wham City Comedy da serie “Off the Air” en Adult Swim, entre outros.