skip to Main Content

6º ENCONTRO DE SÍNTESE MODULAR DA CORUÑA

Modulartec é un encontro cultural de creación sonora que se celebra na Coruña dende 2018. Nestes encontros prográmanse concertos, conferencias, obradoiros e actuacións en directo relacionadas coa música creada mediante a síntese modular.

Nesta sexta edición, contaremos de novo con importantes artistas internacionalmente recoñecidos, pioneiros da escena industrial, nacional, novos valores e artistas locais, que sempre tiveron óco no noso encontro.

Na sexta edición o encontro amplíase a tres días e desenvolverase en 6 espazos diferentes que poñen en valor o patrimonio cultural e histórico da cidade, como son a Fundación Luís Seoane, a Domus, o CGAI, a Casa das Ciencias, a igrexa das Capuchinas e a da Orde Terceira de San Francisco.

Como en edicións anteriores, a entrada a Modulartec será de balde ata completar aforo.

PROGRAMA

XOVES 5 DE OUTUBRO

ENRIQUE DEL CASTILLO presenta UMBRÁFONO

AUDITORIO DA DOMUS

20:00h / 20:55h

Umbráfono é un proxecto de Enrique del Castillo (Jaén, 1982) que consiste nunha performance cun lector óptico capaz de transformar en son os estímulos luminosos que se proxectan sobre unha célula fotosensible. Estes estímulos luminosos son xerados por un feixe de luz ao pasar a través de películas de celuloide deseñadas a partir dun esquema de relación entre frecuencia de onda das notas e repetición de formas xeométricas, de maneira que se poidan conseguir sons armónicos, ruidos, texturas sonoras e atmósferas. Este proxecto está baseado no sistema de lectura óptica-analóxica usado no cine desde 1919 para interpretar as bandas sonoras que forman parte das películas. Os cabezais lectores foron modificados para ler varias voces simultáneas e para funcionar como instrumentos independentes. As pezas que os conforman foron deseñadas e fabricadas polo autor, así como as películas que se usan, que son composicións orixinais sen copia. 

Enrique formouse no Conservatorio Profesional de Música de Jaén na especialidade de piano. É licenciado en Belas Artes, Granada e pola Halle-Saale Alemania. Ten un Máster en creación e produción artística pola Universidade de Barcelona e gañou números premios como o primeiro premio Música Preventiva 2016 e o Primeiro premio internacional de arte sonoro, PowSOLO, 2O2O.

CRUHDA X ADATABERNA

AUDITORIO DA DOMUS

21:00h / 22:00h

Autoría: Julián Fallas/Etopía

Cruhda combina electrónica, raíces folclóricas e tenebrismo nunha paisaxe sonora da España Negra actual. Gravacións de campo, mostras, sintetizadores, clarinete e poesía son o núcleo da súa composición, como revela o seu último disco “Lux Ahena”.

Nesta ocasión, Cruhda súmase á cineasta galega Judith Adataberna, coa que comparte unha íntima conexión en relación co loito e as imaxes atávicas da natureza, para ofrecer unha viaxe visual e sonora ás profundidades do inconsciente. Xuntos actuaron en festivais e museos como ETOPIA (Zaragoza), BAM, LEV Matadero, Continuo e máis recentemente no programa MACBA Invocaciones.

Cruhda criouse no corazón da Estepa Ibérica, tocando o clarinete na banda do seu pobo, que abandona para estudar Filosofía. En Madrid formou parte de Vaciador34, un colectivo político-musical de vangarda.

Judith Adataberna, Vilaboa 1992, e cineasta, fotógrafa e artista visual e desenvolveu o seu imaxinario a través do cine experimental, a fotografía e a video-instalación. Formouse en Belas Artes e completou os estudos cunha bolsa polo laboratorio de cine experimental Master-LAV (Madrid). De pais mariñeiros críase toda a súa nenez enriba dunha batea de ostras, desenvolvendo unha gran observación pola natureza e a súa fenomenoloxía. O seu interese pola psicoloxía e os misterios da conciencia foron chave para formular obras simulativas nas que desafiar escalas e limiares da percepción. A súa preocupación polos mecanismos de supervivencia e o devir tecnolóxico fixéronlle formularse preguntas sobre o desarraigamento humano coa natureza. 

O seu traballo púidose ver en festivais como Curtocircuíto, Playdoc, Filmadrid, Bendita Tú (Bos Aires), Intersección, LEV en Matadero, Loop Festival, e en espazos e galerías como Sim Gallery (Reykjavik), Venice Art Projects (Venecia), Hybrid Art Fair (Madrid), Leira Haus (Lugo), Chiquita room (Barcelona), ETOPIA (Zaragoza), MBFW (Madrid), Macba (Programa Invocaciones), Instituto Cervantes ou La Casa Encendida (Madrid).

VENRES 6 DE OUTUBRO

GEEK ORQUESTA presenta EL HOTEL REVISADO

CGAI

20:00h / 21:00h

Proxecto sonoro no que conflúen os talentos dos reputados músicos españois Juanjo Javierre y Justo Bagüeste. Enfróntanse ao reto de desenvolver unha nova banda sonora en directo dunha selección de películas dun dos grandes pioneiros do cine, o español Segundo de Chomón. O espectáculo establece unha sinestesia entre universos afastados temporalmente un século e teñen en común a fascinación polos avances tecnolóxicos e as súas aplicacións creativas.

Segundo de Chomón (Teruel, 1871-París 1929) é un dos cineastas máis influíntes que deu o noso país. Pioneiro do cine fantástico, inventor dos travellings, as súas técnicas de animación competían en imaxinación coas obras mestras de Georges Meliès.

Justo Bagüeste, creador e músico compositor, con gran bagaxe na creación musical no mundo da electro-acústica, a electrónica e a música popular. Cando comezou a exercer o maxisterio do seu instrumento base, o saxofón, ampliou o seu coñecemento en músicas contemporáneas e electrónica musical. Consecuencia: a formación académica no Conservatorio Superior de Música de Madrid, con profesores como Carmelo Bernaola ou Iturralde. Este feito transfórmase nunha arma cargada de futuro: sitúase na vangarda cos primeiros grupos de experimentación electrónica como Clónicos, Corcovado e os Chatarreros de Sangre y Cielo, entre outros…. Só houbo que deixar correr uns anos, para que o seu gran proxecto IPD, lle permitira adoptar a paternidade do Chill Out en España e das múltiples fontes e aplicacións que se derivan diso.

Juanjo Javierre  é un compositor de música para cine e televisión, ademais de intérprete e produtor de música pop e electrónica que comezou a súa traxectoria profesional a mediados dos anos 80, con tan só 16 anos. Nos seus comezos a súa traxectoria desenvólvese principalmente no xénero documental e desde entón participou nalgúns dos films de maior éxito do cine español dos últimos tempos, está considerado como un dos grandes especialistas da música para comedia. Con todo, nos seus estudos puxo música a decenas de spots e curtametraxes, así como a instalacións de arte sonoro. Desde o ano 2000 ata o 2009 dirixe xunto a Luis Lles Periferias, festival temático multidisciplinar que se celebra anualmente en Huesca e durante 6 anos foi o coordinador da área de música do ArtLab Huesca.

POUPEES ELECTRIQUES presenta JET

CGAI

21:00h / 22:00h

A longa traxectoria de Poupées Électriques estivo marcada por un percorrido de experiencias, colaboradores, composicións, concertos…. Formados en 2004 por Carlos A. e Paco F. (posteriormente como MicroPlex) baixo un concepto experimental de conxunción das últimas tecnoloxías musicais coa recuperación dos dispositivos máis ancestrais da música do século XX (intonarumori, theremin).

Para Modulartec, van presentar a peza JET, que como un “pequeno sol interno”, convértese nun intérprete que amosa ao mundo como soa a fusión nuclear. Esta viaxe sonora permitiranos escoitar o corazón da enerxía do futuro, acompañado de instrumentos analóxicos e imaxes reais dos experimentos. 

Música e ciencia únense grazas a Poupées Électriques dando forma ao seun novo espectáculo “JET – Nuclear Fusion Device”, unha particular estrutura sonora onde os sons crus de JET reinterprétanse a través do ritmo, instrumentación, experimentación, tonalidade e atonalidade, a partir de arquivos de audio e video de experimentos con plasma realizados nas instalacións do CCFE (Culham Center for Fusion Energy) en Culham, Reino Unido, e gravacións de campo realizadas en 2016 por Poupées Électriques e a física Ana Manzanares.

En “JET – Dispositivo de Fusión Nuclear”, os sintetizadores, percusións, piano e Theremin camiñan xunto con sons tratados por diferentes tipos de síntese. Texturas, frecuencias, ruídos, voces, dinámicas… O son da fusión nuclear plasmado nunha obra de cincuenta minutos.

SÁBADO 7 DE OUTUBRO

CASA DE LAS CIENCIAS.
PARQUE DE SANTA MARGARITA

11:30h / 13:00h

002

Conferencia sobre a síntese modular impartida por dous integrantes de Befaco, líderes mundiais na fabricación de módulos. Será a presentación dos obradoiros que comenzarán o ano que ven e onde os participantes montarán o seu propio sinte modular.

:zoviet*france:

IGREXA DAS CAPUCHINAS

17:15h / 18:15h

Durante máis de 40 anos, :zoviet*france: o grupo musical con sede en Newcastle, UK probou e explorou os límites de toda música coñecida tanto en gravación como en interpretación. O seu enfoque da composición desafía unha descrición axeitada: a súa forma é instrumental, non-canción baseada e derivada dunha mestura ecléctica de instrumentos electrónicos e acústicos, infundido con gravacións de campo.

Aínda que deliberadamente escura e underground, a súa música ten unha gran audiencia internacional. Produciron máis de 20 álbumes e publicaron nos catálogos de Mute Records (Reino Unido), Staalplaat (Países Baixos), Soleilmoon Recordings (EE.UU.), alt.vinyl (Reino Unido) e o seu propio selo Charrm. Nos últimos anos traballaron intensamente con compañías de danza contemporánea e recibiron o encargo de compoñer bandas sonoras para novas obras de Karas (Xapón), Zero Visibility Corp (Noruega), Nye Carte Blanche Danseteater (Noruega), balletLORENT (Reino Unido), e por producións premiadas de Random Dance Company (Reino Unido).

:zoviet*france: dirixe un programa de radio e un podcast semanal en red, A Duck in a Tree transmitido por Resonance FM en Londres, Colaborradio en Berlín e CJMP in British Columbia en Gran Bretaña, e que califican como unha “mestura contínua” dalgúns dos mellores xéneros.

SEVERINE BEATA

IGREXA DA ORDEN TERCEIRA

18:45h / 19:30h

Marta Peláez é musicóloga, profesora e desenvolve a súa produción musical como one-woman band. Estéticamente móvese entre o minimalismo, o sci-fi ambient e o noise, traballando desde a experimentación sonora a miúdo a partir de melodías e ciclos de música folklórica. 

Severine Beata cre na composición a partir do instrumento, no erro e en explorar cada un dos códigos coas súas posibilidades e limitacións. Nas súas propias palabras -O que máis inflúe é a ferramenta de traballo e o teu dominio sobre ela. Cabalgar ao dragón (…). O devandito método é permeable á intuición e aí, na busca da idea, é quen de illar calquera referente para rematar exhibíndoo travestido, baixo as súas propias regras. 

Os seus instrumentos de directo son sintetizadores analóxicos e dixitais, primando a manipulación de dispositivos en vivo. O seu anterior álbum El Ojo Brillante (2018) obtivo moi boas críticas, sendo programada en festivais e mostras no Museo Reina Sofía, MediaLab Prado, Matadero Madrid, Ca2M, BilbaoArte e LEM Gràcia Territori Sonor entre outros.

ËGG

FUNDACIÓN LUIS SEOANE

20:30h / 21:30h

É o proxecto en solitario de Manu Retamero. Despois de formar parte de proxectos como Smëgg, Lautstärke ou Thunderdrone, en 2018 editou STILL ALIVE un casete en Split xunto a Linalab e en 2023 preséntanos o seu primeiro LP en solitario. 

Neste novo traballo, continúa coas sonoridades drone-glitch-ruidosas (engadindo patróns rítmicos) entre grosas capas de atmósferas escuras e opresivas.  Este disco, chamado simplemente ëgg, traballa cos rincóns desperfectos das máquinas coas que está producido. Uns desperfectos que só alguén cun fondo coñecemento destas é quen de percibir e explotar musicalmente.

ESPINOZA ESPINOZA

FUNDACIÓN LUIS SEOANE

21:30h / 22:30h

espinoza espinoza xurde da escena sintética de Barcelona. A súa música parte do ruído, a repetición e a experimentación modular. No seu último disco; C7116 (synthvicious/FDDV 2023), o ritmo toma un papel protagonista sen deixar de lado as premisas habituais.  O músico catalán actuou en festivais como Ephonic ou Mira! Para os seus directos crea e modifica contido audiovisua, que oscila entre o figurativo e o abstracto.

POUPÉES ÉLECTRIQUES presentan ÉLECTRIQUES!

FUNDACIÓN LUIS SEOANE

22:30h / 23:15h

Poupees Electriques presentan nesta ocasión seu último traballo, (Électriques!, Geometrik 2021) no que han colaborado algún dos iconos da electrónica undeground nacional tales como Esplendor Geométrico, Orfeón Gagarin, Abraxas, etc.

Presentación do seu novo álbum, que nos adentra nun mundo inquietante, eléctrico e industrial grazas a ritmos magnéticos e atmósferas profundas.

Poupees Electriques abren unha nova porta, unha nova posibilidad, un novo son; pero non ó último, coa visión dadaísta de que “o mellor dos sistemas é por sistema non ter sistema” (Tristan Tzara), que lles permite moverse entre distintos estilos exentos de prexuicios. Ademáis, para a posta en escea do seu novo traballo han contado coa colaboración do videoartista Pedro López.

IDEOGRAMA

FUNDACIÓN LUIS SEOANE

23:30h / 00:30h

Flavio Martín aka DJF aka Acid Future Overdose, podería considerarse un dos mellores artistas que ofrece la escena underground de Madrid. Comezou a súa carreira como DJ en 1992 e pronto se converteu nunha figura chave da escena de clubes española, tocando nalgúns dos clubes máis importantes do país. Influenciado principalmente polos sons de Detroit e do IDM de principios dos 90, entre unha gran variedade de música, DJ F pronto comenzou a desenvolver as súas propias producións baixo diferentes alcumes para cubrir todas as súas aspiracións musicais. En silencio e paso a paso, F tomou todo o que lle rodeaba musicalmente, mirou dentro de si mesmo e viu o que realmente tiña para ofrecer, tomou todo iso e usouno para crear algunhas das pezas máis fermosas que poidas imaxinar. Música chea de alma e paixón, como nunca a escoitaras.

En 2015 Flavio iniciou “Prayers for the Long Life”, un novo selo enfocado en lanzar as súas propias producións.

Publicou en selos como Semántica, Titan’s Halo, Eleve, Freebeat, AHD Records, Frigio, Drivecom, Tesla Electronics, Turbocapitalism e Melliflow, entre outros.

Back To Top