skip to Main Content

7º ENCONTRO DE SÍNTESE MODULAR DA CORUÑA

Modulartec é un encontro cultural de creación sonora que se celebra na Coruña dende 2018. Nestes encontros prográmanse concertos, conferencias, obradoiros e actuacións en directo relacionadas coa música creada mediante a síntese modular.

Nesta sétima edición, contaremos de novo con importantes artistas internacionalmente recoñecidos, pioneiros da escena industrial, nacional, novos valores e artistas locais, que sempre tiveron óco no noso encontro.

Na sétima edición o encontro amplíase a tres días e desenvolverase en 4 espazos diferentes que poñen en valor o patrimonio cultural e histórico da cidade, como son a Fundación Luís Seoane, a Domus, a Casa das Ciencias, a Igrexa das Capuchinas e a da Orde Terceira de San Francisco.

Como en edicións anteriores, a entrada a Modulartec será de balde ata completar aforo.

PROGRAMA

XOVES 3 DE OUTUBRO

XEaranX + Makyo presentan MDLRTC VORTEX XORNADA OUTONO

PLANETARIO

21:00h / 22:00h

Rói aka XEaranX aka xBruxx aka Suán é un estudoso e músico dende ben novo, ós 6 anos comezou co piano e ós 7 ca gaita. Despois disto e de tocar en varias bandas de rock comezou a estudar harpa celta e especializarse na música tradicional e folc da Galiza.
Por uns anos participou en Trepia, colaborando na grabación de Suan e nos directos na presentación do festival de Ortigueira e no Festival da Zanfona da central Folque, o que levouno o seu paso á música electrónica. Dende o 2017 fórmase na síntese sonora. A idea do seu directo e mesturar drons e sons similares aos das gaitas, xunto con ritmos e poliritmos cercanos aos tradicionais (ternarios, amalgamas, etc..)

Borja Bernárdez, artista visual e metade do colectivo MIL111, presenta o seu novo proxecto en solitario titulado MAKYO. Na meditación zen, “ makyo” refirese as ilusións sensoriais que surxen durante a práctica, manifestacions que poden desviar ao meditador da verdadeira claridade. Este concepto é levado a práctica audiovisual, creando pezas que invitan ao espectador a cuestionar a natureza da realidade e a percepción, explorando os limites entre o ilusirio e o real.

VENRES 4 DE OUTUBRO

MDLRTC LAB

FUNDACIÓN LUIS SEOANE

18:30h

Este taller está diseñado para músicos, productores y entusiastas de la música electrónica que desean profundizar en la creación de live sets utilizando instrumentos hardware y
sintetizadores modulares. A lo largo de la sesión, las y los participantes aprenderán a configurar y optimizar un sistema modular compacto, secuenciarlo desde el OXI ONE para actuaciones en vivo y conocerán las capacidades avanzadas para realizar transiciones
o como procesador de efectos al final de la cadena que ofrece el nuevo módulo META.

Taller pechado, prazas esgotadas.

FRANCISCO LÓPEZ

FUNDACIÓN LUIS SEOANE

21:00h / 22:00h

Francisco López é recoñecido internacionalmente como unha das figuras máis importantes do panorama da arte sonoro e a música experimental.
Durante case corenta anos desenvolveu un universo sonoro sorprendente, absolutamente persoal e iconoclasta, baseado nunha escoita profunda do mundo. O seu extenso catálogo de pezas sonoras (con colaboracións en vivo e en estudo con centos de artistas internacionais) foi lanzado por case 400 selos discográficos e editores en todo o
mundo. Foi galardoado catro veces con mencións honoríficas no concurso do Festival Ars Electronica e recibiu o Premio Qwartz 2010 á mellor antoloxía sonora.

De balde, prazas limitadas ata completar aforo.
Para inscribirse e poder acudir a este concerto e experiencia de escoita profunda é imprescindible enviar un correo antes do mércores 3 de outubro co teu nome completo e DNI a: concertos@modulartec.gal

L.A.R. QUICIOS presenta IMPROMPTU

Visuales: Pedro López

FUNDACIÓN LUIS SEOANE

22:30h / 23:30h

As improvisacións foron un elemento importante á hora de compoñer para os diferentes proxectos, tanto persoais (Qzios, Panorama Elíptica etc.) como colaborativos para outras disciplinas como a danza, vídeo, teatro e instalacións.
Estas improvisacións toman agora entidade propia e con varios sintetizadores analóxicos e módulos de efecto e sen computador nin sons pregrabados xera sensacións que tentan ir máis aló da mera escoita, envolvendo e buscando as reaccións anímicas ou físicas que o son pode chegar a provocar no oínte.
O espírito de Impromptu leva ao pé da letra a definición de improvisar, facer algo de súpeto, sen estudo nin preparación, convertendo cada directo nunha actuación radicalmente diferente.

O apartado visual correrá a cargo do gran Pedro López.

Instagram

SÁBADO 5 DE OUTUBRO

LAURA MOYANO+JUAN MANUEL CIDRON

IGREXA DAS CAPUCHINAS

17:30h / 18:30h

img_05

É unha gran emoción presentar nesta edición ao dúo composto por Laura Moyano e Juan Manuel Cidrón, quen xa colaboraron en diversas ocasións protagonizando concertos antolóxicos. Voz de tonalidade soprano e e electrónica analóxica axuntados para unha suxestiva proposta á marxe do canon do establecido e o mainstream que nos farán transitar por universos sonoros máxicos e inimaxinables e fascinantes e reveladores estados de ánimo.

Laura Moyano (Alcalá la Real, Xaén, 1976) é Titulada superior en Canto polo Real Conservatorio Superior de Música Victoria Eugenia de Granada. A súa traxectoria profesional como solista desenvolveuse en varios xéneros como o ensemble barroco, a música de cámara, o oratorio, a ópera, o teatro e a electrónica.

Juanma Cidrón estivo xa connosco na edición de 2020, durante a pandemia, nunha actuación incrible e inesquecible. De moi novo cursou a carreira de piano e solfexo, cinco anos que lle marcaron o resto da súa vida. Primeiro co piano e logo cos sintetizadores que se foi plasmando na vintena de álbums publicados desde principios da década de 1980.

NOVIA PAGANA

IGREXA DA ORDE TERCEIRA DE SAN FRANCISCO

19:30h / 20:30h

Elena Córdoba é Novia Pagana, produtora musical, compositora e creativa audiovisual.
A súa traxectoria inclúe múltiples postas en escena a través de concertos en diversos actos relaciondos co teatro, o cinema, a danza, o deseño, arte sonora.
Participou na creación sonora para obras de teatro como ‘EX: el Final del Simulacro’, de cinema como para a película ‘Solitude’ de Margarita Morais (estreada este ano na sección Panorama Andaluz do Festival de Cinema de Sevilla), ou de danza como ‘Amar da Drama’ con Maria José Villar e Leticia Gude (en proceso de desenvolvemento actual). Tamén
desenvolveu propostas como ‘Ellas en la ciudad’ coa urbanista Reyes Gallego (participando en calidade de artista sonora e editora do documental) e na Bienal de Flamenco de Sevilla.

COLLAPSE live

FUNDACIÓN LUIS SEOANE

21:00h / 22:00h

Proxecto audiovisual paralelo do dúo Telephasycx!, capos do selo Rator Mute, composto por Maryah Gamboa e Durbannoise. Collapse baséase e atmosferas sombrías e abatidas, baterías deconstruidas e guitarras desgarradas constrúen paisaxes sonoras opresivos e perturbadores.
Estruturas que evocan ao Post-Rock e ao Dark-Ambient e que che conducen ao límite do descoñecido. Presentan o seu primeiro traballo “Journey to the Event Horizon”, unha viaxe cara ao horizonte de sucesos onde a realidade disólvese e só persiste o son.

Presentan o seu primeiro traballo “Journey to the Event Horizon”, unha viaxe cara ao horizonte de sucesos onde a realidade disólvese e só persiste o son.

Maryah é guitarrista e improvisadora multidisciplinar. Comezou a súa carreira tocando en grupos post rock e free jazz e posteriormente en 2006, en Berlín, iniciou o seu proxecto experimental Marymotto (influenciado polo noise e o krautrock). Máis tarde viaxou a Nova York e Vancouver para desenvolverse como improvisadora. Ten varios proxectos paralelos que tocan distintos estilos: 20 Fire Minutes, Marrash, Delusion of the Fury e máis recentemente NonZero!Bandcamp

Durbannoise é un recoñecido produtor e dj na escena electrónica de Madrid desde os noventa influenciado polo son de Detroit, Autechre, Drexciya, Hijokaidan, Dopplerfeffekt ou Esplendor Xeométrico.

COH

FUNDACIÓN LUIS SEOANE

22:00h / 23:00h

Iván Pavlov é un artista sonoro e músico afincado entre Francia, Suecia e Rusia. Desde as leccións de piano clásico cando era neno, pasando pola fascinación adolescente polas guitarras eléctricas e os estudos universitarios en física teórica, hoxe o principal interese musical é pechar a brecha entre a acústica como ciencia e a música como forma de arte.
A partir de finais dos 90, os discos de COH apareceron en selos pioneiros como Raster-Noton, Mego e Eskaton. Ao mesmo tempo, investiu colaboracións con outros artistas do nivel de Peter Christopherson (COIL, Throbbing Gristle, Psychic TV [como SOISONG]), Richard Chartier [como CHESSMACHINE], Telco Systems [como TELCOH], John Balance
(COIL), Cosey Fanni Tutti (Throbbing Gristle , Carter Tutti, Carter Tutti Void, Chris & Cosey) ou Abul Mogard, entre outros.

En cada proxecto, o obxectivo principal segue sendo atopar e mellorar as calidades particulares do son, xa sexa dun instrumento clásico, dunha voz ou dunha forma de onda xerada por computadora, responsable de crear resonancias na percepción do son.

En 2019, Ivan fundou FEM – Fundación para a Música Electrónica, co obxectivo de presentar tanto a historia como o espectro actual da música electrónica a estudantes universitarios de física e matemáticas, co obxectivo de fomentar un maior desenvolvemento da tecnoloxía musical e a estética do son.

PARAUTAS

FUNDACIÓN LUIS SEOANE

23:00h / 24:00h

En homenaxe ao seu bisavó, Parautas é o pseudónimo escollido por Carlos Gómez, produtor e dj de Santiago de Compostela.
A procura constante de novas referencias é clave á hora de construír un son propio, áspero e profundo. Este imaxinario queda plasmado nos seus directos, obsesión á que dedica a maior parte do seu tempo e esforzo. Tras apublicación do seu primeiro EP “Pegadas” e “Ya estamos”, un split acompañado da súa colega vigués Pálida (Menta Records, Madrid), Carlos asóciase con Marta (Amiga) para lanzar Elástica: unha festa para amantes dos ritmos rotos con sede en Santiago.

Back To Top