Unha homenaxe ás sesións experimentais que naceron en 1959 no Morrison Planetarium de San Francisco e seguindo coa liña das sesións Vortex que se iniciaron no 2018 no Planetario da Casa das Ciencias esta vez, potenciadas polos novos proxectores dixitais que permiten a creación de visuais en tempo real.

Encontro entre tres creadores con décadas de traxectoria (Pablo Rega, Justo Bagüeste e Fatfish) que presentan unha colaboración sonora que transita entre o free jazz, a electrónica experimental e a improvisación, con especial atención ao detalle, á escoita profunda e compartida e á construción colectiva do son. Nesta ocasión, estarán Rega, guitarrista de referencia na improvisación e na música experimental, e Fatfish, selector e axitador sonoro e director do noso querido Modulartec.

Presentan a súa primeira sesión conxunta de visuais para MDLTRC VORTEX. Juan Lesta é artista visual e director audiovisual especializado en vídeo experimental, videoclips e videoinstalacións inmersivas, cun traballo que dialoga entre a experimentación audiovisual, a música, a paisaxe e as instalacións lumínicas. Borja Bernárdez é artista especializado en visuais en tempo real para música electrónica e directos sonoros, autor do proxecto en solitario MAKYO, que investiga a metamorfose do dato visual e da imaxe dixital como territorio liminar onde a percepción se reinventa.
